As veces en política hai saber ter temperanza e saber actuar aínda en intres difíciles saber aguantar o tipo ate o final, digo isto porque se en un pleno de un Concello ou mesmo no parlamento hai que saber facer os desplantes a tempo e non antes do mesmo sobre todo se nese pleno se vai a votar unha serie de investimento que de outra maneira non poderán chegar a Betanzos, algún dirá que se isto e tan importante sairá adiante aínda cando falle o un dos grupos no pleno pero se as cousas se torcen o mellor non e así, fora de esta vicisitude que por sorte non pasou xa que os dous grupos que agora están na oposición se abstiveron segundo puiden ler, as veces se debe manter a temperanza para non dar a imaxe de que no la trae o pairo a posibilidade de unha inversión millonaria do estado no noso Concello, ou acaso non era a mesma toma de efecto realizar esa “espantada” despois de terse votado ese punto e non antes simulando darlle pouca ou nula importancia a este tema, cecais o que pasa e que o mellor CXB non está de acordo en cara onde ían encamiñados eses orzamentos e por non votar en contra se marchou da sala (cousa pouco probabel).Señores de CXB a imaxe que están a dar vostedes e mais os seus complices de goberno do PP de Betanzos dista moito da que debe de dar un Concello como o noso diría que se ven superados por todas as situacións que se dan en Betanzos dende a súa entrada no Concello.
Agora xa especulan coa posibilidade de un goberno do PSOE- CXB, pero... se ese e o caso o PSOE porqué voltará o goberno?, será por apego o sillón?, acaso e que o PSOE sen Lagares e un PSOE diferente?, polo que eu sei os Lagares seguen a ser os que mandan no PSOE Brigantino, apesares de seren Moncho o que e o portavoz, que pensan os señores de CXB que o PSOE terá cambiada toda a súa liña política neste tempo, estarían caendo en un erro CXB se se alía co PSOE despois de unha moción de censura?.
A situación de inmobilismo en Betanzos e aberrante pero esta situación non e simplesmente culpa do PP , evidentemente grande parte da culpa e do propio CXB e da súa nula ou deficiente xestión en tema s que pasan ou deberían pasar polo Concello, se eles que levan apoiando e gobernando co PP en Betanzos dende a súa entrada no Concello queren agora e antes culpar unicamente o PP de esta nefasta xestión caen no gravísimo erro de crerse por riba do ben e do mal e xogan a crese os Cesares de Betanzos que poñen e quitan a quen queren pero non asumen ter culpa de nada do malo que en Betanzos sucede.
Repito o que sempre dixen e que dia a dia se pode ver en cada acción non existe criterio nin proxecto nas formas de CXB non existe un proxecto claro para Betanzos so ideas de fogheteiro para actuar aquí , alá e acola como se foran un polo sen cabeza, y esa a todas luces non e a forma de asegurar un futuro mellor para Betanzos.
Iso si non se cansan de asegurar que teñen nos estatutos que non poden vivir da política mais de 8 anos cousa que nos lembra unha e outra vez o seu crego no seu outeiro, polo de agora non viven da mesma segundo din . Ou si?
Con estas formas de gobernar que demostraron dende hai dous anos creo que non lles faría falla esa cláusula nos estatutos.
O seu crego pontifica que ninguén e imprescindible, pero polo que se pode ver CXB son imprescindíbeis para que o PP siga no goberno e eles agora aproveitando a situación xogan ser Cesar con todos os Betanceiros e Betanceiras.
Interese público 0 interese particular CXB + PP todo.

