09/09/11

EMESA (COIRÓS), BREVE HISTÓRIA DE DOUS ANOS DE LOITA POLOS EMPREGOS

Elaborados Metálicos EMESA SL e una empresa do grupo Isolux Corsán que actualmente está afincada na Comarca de Betanzos, Mais concretamente no Concello de Coirós.

Esta empresa naceu hai 52 anos na Cidade de A Coruña, sendo esta empresa a que inaugurou no seu momento o Polígono da Grela onde ocupaba a parcela onde hoxe en dia está afincado o Centro Comercial Dolche Vita.

A empresa adicase a construción de estruturas metálicas singulares aínda que nos últimos anos era una  das que lideraba a fabricación de fustes para torres de xeradores eólicos.

Entre os traballos que está empresa levou a cabo están: A Ponte de Rande, a cuberta de Carbóns de As Pontes, a estación Intermodal de Lieja en Belxica, a Terminal T4 do aeroporto de Barajas, a Torre Picaso de Madrid e moitas outras edificacións singulares que fixeron a esta empresa una das lideres mundiais en este tipo de estruturas.

EMESA leva en situación e Regulación de emprego dende novembro de 2009 ata a actualidade durante este tempo os traballadores e traballadoras de EMESA afrontaron un 1º ERE temporal do mes de Novembro de 2009 ata o mes de xullo de 2010, un 2º ERE temporal dende ese mes de xullo de 2010 ata o mes de abril de 2011, un 3º ERE temporal dende ese mes de abril ata este mes de setembro, xunto con un ERE de extinción de empregos que afectou a 86 traballadores e traballadoras.

Durante todo este tempo o persoal de EMESA a maiores das perdas económicas nos seus salarios, perderon a súa prestación por desemprego abocando a estes a una situación extrema o quedarse sen prestación por desemprego e non ser chamados a traballar de forma continuada.

Dende a presentación do 1º ERE a dirección de isolux Corsán grupo o que pertence EMESA negouse reiteradamente  a entregar documentación sobre a carga real de traballo que este grupo ten para poder ser realizada en EMESA ou un plan de futuro para a mesma, así como se negou a presentarse en EMESA para falar directamente cos traballadores para solucionar ou mesmo negociar propostas diferentes as presentadas pola Dirección de EMESA.

As administración Publicas fixeron caso omiso das reivindicacións dos traballadores e traballadoras de EMESA.
Levamos dende a presentación do primeiro ERE solicitando en reiteradas ocasións entrevistas coa Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato ou o Conselleiro de Economía e Industria Xabier Guerra dando estes a calada por resposta ou abocándonos a falar con quen en ningún intre fixo nada mais que seguir as directrices da Dirección da Empresa ou os intereses da mesma, sen valorar os dos traballadores e traballadoras de EMESA.

Os traballadores e traballadoras de EMESA conseguiron que o seu caso fora levado a Concellos como os de A Coruña, Betanzos, Coirós ou mesmo a Deputación de A Coruña nos que por maioría se lle encomendaba a Xunta a dar una negativa o ERE de EMESA e a traballar para acadar que dita factoría empezara a funcionar con normalidade, peticións que se quedaron en iso, e que non foron atendidas pola Xunta de Galicia.

Mesmo se levou o Parlamento Galego onde se debateu para que se negara ese ERE a EMESA  e onde a propia Beatriz Mato Conselleira de Traballo e Benestar dixo "que se aplicaría a mais estrita legalidade contra os traballadores de EMESA", o que non dixo e que a legalidade e interpretable e ela interpretouna en todos os EREs presentados pola Dirección de EMESA a favor de estes e en Contra dos Intereses dos Traballadores da Factoría, que pasou de ter  300 traballadores a principios de 2009 a 162 a dia de hoxe.

Neste mes de setembro a Dirección de Elaborados Metálicos EMESA plantexou un novo ERE de carácter temporal para 93 traballadores e que se prolongaría ata o 31 de xaneiro de 2012 facendo que a plantel de EMESA chegue os 26 meses seguidos de regulación de emprego, ademais de isto a Dirección da Empresa deixa fora do ERE a parte da plantel pero se nega reiteradamente a incluír dentro das negociacións a garantía de mantemento de todos os postos de traballo durante o tempo de este 4º ERE demostrando de forma calada a súa intención de novos despedimentos na empresa, aproveitando as facilidades da Xunta de Galicia para a aprobación de EREs para abocar os traballadores e traballadoras de EMESA a novos despedimentos e a precarizar mais toda vía a súa situación persoal.

Todo isto sen que se resolvan aínda problemáticas de EREs anteriores como as rotacións equitativas.

0 Comentários:

Postar um comentário