06/01/11

60 anos sin Castelao

Tal dia como o 7 de xaneiro de 1950 ao fio das 11 da noite Castelao falecia en Bos Aires deixando tras de si toda unha vida adicada a Galiza e os galegos e non podendo acadar a tan ansiada liberdade para a sua terra.
Castelao, xunto con Boveda foron perante a 2 republica o eixo fundamental da representación do sentir galego, foron os que levaron a voz dos galegos o estado e o mundo reclamando xustiza para esta terra tantas veces aldraxada, foron os soñadores da Galiza sin caciques sin opresións os soñadores dunha Galiza na que os galegos e galegas puideran traballar e vivir decidindo por si memos o seu futuro e defendendo os intereses que como galegos temos.
Castelao fixou na retina do mundo cos seus debuxos a persecución e a aldraxe a que estban a ser sometidos todos aqueles que defendian a liberdade no estado e mais concretamente en Galiza.
Castelao no seu libro Sempre en Galiza sentou as bases que deberian rexir a liberdade e o progreso de Galiza, foi o grande ideologo da nación galega e o principal impulsor xunto con Boveda do estatuto de Galiza do 1936.
Unha vez dixo:

"Os mártires crean mundos que os heroes nin sequera son capaces de concevir.
E na miña terra complirase a vontade dos mártires."


Xá e hora de que se cumpra a vontade dos mártires e que Galiza sexa de nha vez unha Nación.

video do traslado dos restos de Castelao a Galiza

0 Comentários:

Postar um comentário