08/10/10

O povo e quen mais ordea

 Betanzos estase a converter socialmente nunha cidade viva e reivindicativa, deixamos atrás os vellos complexos do non vale de nada e non quero que me vexan porque despois estou marcado ao non me gusta como o fas e cho digo, non fixeches isto y o fago eu, ou estou canso de agardar, quero solucións.
Esta semana está repleta de betanceiros e betanceiras que se botan a rúa para solidarizarse contra a violencia de xénero, para demandar solucións a un grande colectivo mozo como son os skaters betanceiros ou para lembrarse de que o noso casco Histórico esmorece baixo una nube de escombros e esquecemento como a casa gótica, todo isto que non  e mais que crear una cidade viva que non ten complexos nin problema en saír a rúa cando fora preciso para dicir o que sexa menester que opine ou para queixarse cando ve que non se lle fai caso os problemas diarios e as revindicacións dos colectivos ou cidadáns.

Estas mostras de activismo cidadán non deben tentar de apagarse, pola contra deben seguir vivas e incluso aumentar na súa actividade estea quen estea a gobernarnos pois de todos e sabido que as veces os políticos precisamos una patadiña no cu (virtual iso si, jajaja) para espabilar e facer o que a cidadanía demanda, esta semana sentinme parte de una cidade viva e que non se cala, solidaria por iniciativa propia e que defende a súa historia e quere que se saiba.

Agardo que está situación de continuo exame os políticos e o goberno betanceiro continúe pero non xa nesta lexislatura senón nas sucesivas porque deste xeito Betanzos retomará o seu papel histórico na comarca e en Galiza, con una poboación activa chegaremos a facer de Betanzos a cabeceira de Comarca que debe ser, punto de encontro das inquedanzas, das reivindicacions da cultura e a festa, da vida en definitiva da nosa Comarca, Betanzos esta vivo y os betanceiros como sociedade están mais presentes que nunca na súa vida municipal, relegando os políticos a laboura que deben facer gobernar e ter medo da cidadanía, non como parecía que viña sucedendo ata agora que parecía que a sociedade betanceira tiña medo dos políticos.

Porque o fin e o cabo como se dixo na revolución portuguesa “O pobo e quen mais ordea”.

0 Comentários:

Postar um comentário