Dende o Concello de Betanzos nos pasan o grupo municipal un borrador de una ordenanza de limpeza de Betanzos, xa dende o principio caemos na conta que dita ordenanza entra a lexislar en cousas que xa están lexisladas e que non fai falla que se reflecten en dita normativa e que algunhas das que alí saen reflectidas atentan contra a liberdade de expresión ou mesmamente contra a propia constitución; e falando da Constitución na mesma pon que non se pode expoñer nas rúas ningunha publicación en ningún tipo de soporte na que saia reflectida cousas que vaian contra a Constitución ou as propias ordenanzas municipais, prohibe o reparto na vía pública de todo tipo de publicacións se antes non contan coa autorización municipal, neste caso a alcaldesa ditará que se pode o non se pode poñer ou entregar na rúa actuando de censora de calquera inquedanza que queiran facer pública os veciños e veciñas de Betanzos.Avisa neste punto que serán denegadas as solicitudes que conteñan anuncios contrarios a Constitución, a lexislación vixente e as ordenanzas municipais, caendo isto en unha prohibición velada a liberdade de expresión pois non se pode reclamar o cambio ou a derrogación de ningunha cousa que estea reflectida na constitución, digamos que eu mesmo non podo reclamar a autodeterminación ou a derrogación de normativas como a do galego, vamos que por ser contrario a elas non podo dicilo publicamente en publicación o resto da cidadanía pois a alcaldesa me negaría esa posibilidade.
Iso si se eximen de estas normas a publicidade electoral ou elementos publicitarios así como convocatórias de folgas ou manifestacións debidamente autorizadas, vamos que no caso de estudantes que non teñen dereito a folga non poden reclamar nada de nada pois as súas convocatórias non son legais.
Vamos que só en un artigo se coarta a liberdade de expresión da cidadanía Betanceira machacando indiscriminadamente un dereito fundamental reflexado na propia constitución iso si eles poden pasar polo arco do trunfo constitución, eu non podo queixarme para que dita constitución poida ser cambiada ou reformada.
Hai un apunte moi simbólico do que esta ordenanza di y e un no que se prohibe rebuscar nos colectores do lixo, vamos que so falla coller a os que se atopen facendo isto e mandalos en un autobús a outra vila, porque os pobres molestan en Betanzos, e mais eu aínda diría que xa postos o mellor a alcaldesa deberia de mandalos ó cárcere por ousar buscarse a vida co que atopan nos colectores do lixo.
O peor non e que este atropello se prentenda levar sen vergoña ningunha a pleno senón que con estes puntos arriba sinalados e con outros que avergoñan mesmo de lelos están de acordo CXB e o PSOE.
Esta non e unha ordenanza de limpeza, e un ataque a liberdade de expresión e a propia vida, unha vergoña pura e dura e a exposición clara, clariña das actitudes da señora Faraldo e o PP.
A por certo queda prohibido tirar e abandonar na via pública toda clase de productos en estado solido, liquido ou gaseoso.
Vamos que nada de peidos na rua que senon te van multar.

0 Comentários:
Postar um comentário