23/09/10

Belen Esteban "la princesa del pueblo". Que viva a República

Un non pode facer outra cousa mais que lamentarse pola existencia de fenómenos como o que hoxe por enésima vez me sorprenderon, ese fenómeno non e outro que Belén Esteban, e o tema que me ven a conto en isto non e outro que un documental que se estreou polo visto este martes e que ten como titulo “La princesa del pueblo” non vou a entrar a valorar o tema de princesa pois e ben sabido que eu son republicano e polo tanto non lle rindo nin lle debo pleitesia a ninguén sexa princesa, raíña, príncipe, rei sexa do Pobo ou da cidade, o que me entristece e o feito de que unha persoa como esa sexa un fenómeno mediatico.
E mais que programas como os que usan a este tipo de xente teñan o éxito que están tendo non e entendible si non e no baixo nivel cultural que existe neste pais, que ninguén se confunda non estou chamándolles incultos os que miran estes programas, o que si que non entendo e que se enxalce a figura as formas e as actuacións de esta señora que ten como mérito máximo e como gloria propia o ter sido a muller de un coñecido toureiro e ter unha filla co susodito toureiro, mais aló non fixo nada de nada mais que vivir a conta de esa fama ou recoñecemento adquirido a costa de este toureiro, pois no intre en que a súa fama baixa un pouco ela ou o circo que lle rodea encargase de sacar un novo problema entre ela e o seu ex ou entre ela e o seu actual.
Que pretendemos na educación dos nenos (e adultos) cando tarde tras tarde están a ver como “la princesa del pueblo” rasca a barriga ante centos de miles de telespectadores que aplauden cada unha das paiasadas que ela di, paiasadas tales como que si estivera no goberno subiría as pensións, evidentemente carallo e tamén lle daría traballo a todo o mundo e subiría os salarios jajaja como si tales cousas foran así de fáciles, que mo digan a min que levo a costas co convenio colectivo dous anos un deles en situación de ERE.
Con isto non quero dicir que os que saian na tele teñan que ser eminecias, nin por asomo, pero o que si pediría e que tiveran cerebro para pensar ou polo menos lle dirán unha volta as cousas antes de dicilas, regodearse na incultura nun ca foi nin será bo, nin para os que saen nos medios nin para os que andamos pola rúa.
Vai un video que ilustra o mais ou menos o que arrida describo:


0 Comentários:

Postar um comentário